
No escrito que encabeza o dossier entregado en man esta mañá a George Stavros Kremlin, ao final da reunión que hoxe tiña lugar no Hotel Barceló-Coruña, o Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol invítalle a vir visitar Ría de Ferrol e que contraste a realidade dos feitos. Así mesmo, solicítalle que requiera aos Servizos Técnicos da Comisión Europea para que esta adopte unha decisión no Expediente de Queixa 5221/2001, no sentido de que o Goberno Español paralice as obras de Reganosa e non autorice a súa entrada en funcionamento.
No dossier entregado, inclúeselle unha copia do e-mail recibido da Comisión Europea en marzo pasado, informando que continúa aberto o expediente 5221/2001 contra o estado español por vulneración das directivas 85/337/CEE e 96/82/CE, no proxecto de Planta de Gas de Reganosa e no Complexo
Petroquímico adosado chamado “Forestal do Atlántico S.A.”. Infórmaselle que Reganosa ten unha autorización irregular de construción de 13-2-2004 cuns condicionados de imposible cumplimentación satisfactoria coa caprichosa ubicación elixida polos promotores, segundo a documentación do dossier
que inclúe tamén copia do escrito de 25 de abril pasado enviado ao organismo do Ministerio de Industria, quen ten competencias para a autorización de funcionamento que Reganosa ten obrigación de solicitar no caso de que chegase a terminar as obras.
Na entrevista con George Stavros houbo tempo para mostrarlle as paginas do dossier con fotos da poboación próxima aos tanques que constrúe Reganosa, o que demostra que vulnera o articulo 12 da Directiva Seveso II que requiere distancias suficientes á poboación e lugares de interese publico. Así mesmo mostróuselle o boletín nº 12 do Comité Cidadán con imaxes e un resumo dos riscos para a vida human e para a riqueza marisquera que seria aniquilada polos vertidos con hipoclorito no caso de que Reganosa chegase a entrar en funcionamento, ademais das perdidas no sector turístico e a destrución de
patrimonio histórico, entre outros impactos negativos.
George Stavros respondeu que o vindeiro luns entregaría o dossier a Xullo García Burgués, Xefe do Servizo Técnico de Medioambiente na Comisión Europea, quen fai uns dous anos substitueulle nesa responsabilidade que antes George Stavros exercera e na que nos recordou o ultimo escrito que asinara foi o dirixido a nós en marzo de 2004, antes de que os Servizos Técnicos de Medioambiente da Comisión Europea decidisen seguir co expediente aberto, a raíz das respostas con documentación e probas que posteriormente enviámoslle demostrando a vulneración das directivas europeas citadas.
Finalmente George Stavros deunos as grazas por esta visita que lle realizou unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol.
Fonte: http://comitecidadan.bitacoras.com
______________________
Nenhum comentário:
Postar um comentário