Accións contra Reganosa nas Institucións Europeas

Blogue de traballo do Colectivo Ártabra 21 para a loita contra o despropósito gasístico de Reganosa

sexta-feira, 30 de novembro de 2007

Regreso da Delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol que se desprazara até Bruxelas o pasado 27 de Novembro

A DELEGACIÓN DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA QUE VIAXOU BRUXELAS, OS DÍAS 28 E 29 LOGROU OS SEUS OBXECTIVOS MEDIÁTICOS E INSTITUCIONAIS, PRESENTANDO SENDAS DENUNCIAS NA COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO E NOS SERVIZOS DE MEDIO AMBIENTE DA COMISIÓN EUROPEA, ASÍ COMO TENDO ENTREVISTAS CON EURODIPUITAD@S DE DEFERENTES GRUPOS PARLAMENTARIOS.

Saúdos cordiais

Carmelo Teixeiro



A Delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol [en diante CCE] regresou de Bruxelas, onde os días 28 e 29 de novembro cubreu os obxectivos mediáticos e institucionais, presentando unha petición ao Comité de Peticións do Parlamento Europeo e así mesmo presentando unha nova denuncia nos Servizos de Medio Ambiente da Comisión Europea, todo iso polo feito de que a Planta de Gas de Reganosa desde o pasado 9 de maio está en funcionamento, ameazando a vida de 100.000 persoas, vulnerando fragantemente os artigos 8 e 12 da Directiva Europea 96/82/CE (Seveso II) sobre distancias á poboación e a vulnerando tamén a norma EN-1532 sobre saída ao mar dos buques gaseros en caso de emerxencia, ameazando tamén a riqueza marisqueira da que viven mais de 600 familias, ameazando tamén o patrimonio histórico e o potencial turístico da Ría de Ferrol.

Ás mesmas institucións europeas, a delegación do CCE tamén presentou outro escrito asinado pola Confraría de Pescadores de Ferrol, para denunciar os danos que na actividade marisqueira está provocando Reganosa, desde a súa entrada en funcionamento en maio pasado..

A viaxe foi organizada polo Grupo Europeo de Esquerda Unida, no programa de visitas ao parlamento europeo, con fondos deste, trasladando a Bruxelas a 25 persoas de distintos colectivos de Galiza, que se aloxaron no Hotel Best Western Premier. Por iso a Delegación do CCE tivo unha moi apretada axenda, xa que ademais do protocolo da visita tiveron que dedicar tempo adicional a entrevistas con eurodiputados, dos grupos de EU, socialista e Verdes.

En todo momento @s compoñentes da Delegación do CCE levaron postas as camisetas de cor vermella, co slogan - Planta de Gas Fora da Ría! En defensa da vida da Ría e dá legalidade -. Así mesmo en distintos puntos no seu percorrido por dentro do Parrlamento Europeo despregaron as bandeiras - pancarta de cor vermella tamén e co mesmo mensaxe

O día 28 as entrevistas foron con eurodiputados o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, entre eles español Willy Meyer membro da Comisión de Peticións, o italiano Roberto Musacchio e a portuguesa Ilda Figueredo. Ademais de entregarlles as copias das denuncias para a Comisión de Peticións e Comisión de Medio Ambiente, nesta entrevista estívose analizando como mellorar as xestións nas institucións europeas. O eurodiputado italiano Roberto Musacchio propuxo lograr unha coordinación informativa entre o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol coas plataformas cidadás das cidades italianas de Brindisi e Monfalcone que lograron cancelásense senllos proxecto de de Planta de Gas con procesos similar en irregularidades e de corruptela. No caso de Brindisi, o mais recente, foi o goberno central italiano o que ordenou cancelar a licenza dunha planta de gas similar á de Reganosa. No caso de Monfalcone, foi unha consulta popular neste pobo que maioritariamente resultou contraria á Planta de Gas, provocando que o Alcalde do Pobo dimitise, pois era un dos apoios da instalación gasista.

O xoves 29 de novembro a Delegación do CCE entrevistouse cos eurodiputados socialistas galegos Antolín Sánchez e Rosa Miguelez. Na entrevista estivo así mesmo a eureodipuada aragonesa Ines Ayala Sender, membro da Comision de Peticións. Tamén se entrevistaron co eureodiputado dos Verdes David Hammerstein.

Nas entrevistas cos eurodiputados entregáronselles copia da denuncia presentada ao Comité de Peticións e á Comisión de Medio Ambiente, Así mesmo facilitóuselles copia da denuncia presentada hai un mes ao Comisario Europeo da Competencia pola vulneración de normativa europea da competencia nun convenio subscrito no ano 2000 por D. Manuel Fraga, entón Presidente da Xunta de Galicia, cunha cláusula secreta para esconder investimentos e axudas públicas, actuando en prexuízo doutros operadores do sector enerxético.

Nesas entrevistas expúxoselles aos eurodiputados europeos, que unha comisión do Parlamento Europeo se desprace a Ferrol, para verificar -in situ- para a primeira ollada verificar que a Planta de Gas de Reganosa vulnera a directiva europea Seveso II, así mesmo para verificar que Reganosa é unha ameaza para a vida humana, para a riqueza marisqueira da Ría, para o patrimonio histórico e para o seu potencial turístico.

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_______________
Anexos:

TÍTULO VIII : DAS PETICIÓNS
Regulamento do Parlamento Europeo
-16ª edición - setembro 2007 -

Artígo 191 : Dereito de petición

Artígo 192 : Examen das peticións

Artígo 193 : Publicidade das peticións
___________________

Membros da Comisión de Peticións:
Relación de membros

Web da Comisión de Peticións:
Sitio web C.P.

_______________


De: Comite Cidadan
-comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de novembro de 2007 18:35
Asunto: Regreso da Delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

______________

Nenhum comentário:

Postar um comentário