Accións contra Reganosa nas Institucións Europeas

Blogue de traballo do Colectivo Ártabra 21 para a loita contra o despropósito gasístico de Reganosa

quinta-feira, 24 de dezembro de 2009

Referencias ao expediente de infracción 2001/2141 arquivado por decisión da Comisión Europea

O Comité Cidadán de Emerxencia, a través de diversas entidades cidadás presentou, o 5 de Novembro de 2001, ante a Comisión Europea unha denuncia contra o Estado Español por múltiples incumprimentos da normativa comunitaria na tramitación e outorgamento dos permisos necesarios, para a construción de Reganosa no interior da Ría de Ferrol que quedou referenciada como: 2001/5221 SG (2001) a/13049, nun procedemento de queixa ante a Comisión Europea, mais tramitado ante a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, Dirección D-Programa LIFE, Aplicación do Dereito Comunitario e Protección Civil, Expediente de Queixa 5221/2001.

Denuncia á que se pode acceder en:
http://europa-e-reganosa.blogspot.com/2009/11/comision-de-peticions-comunicacion-aos.html

O 15 de Outubro de 2002 a Sra. Wallström no nome da Comisión Europea comunica que por mor das preguntas parlamentarias E-1310/01 da Sra. McKenna, E-1359/01, da Sra. González Álvarez e a E-1379/01 de Rosa Miguélez Ramos, a Comisión decidiu abrir un expediente de suposta infracción, rexistrado coa referencia: 2001/2141.

En referencia a esta denuncia [2001/5221] na Comisión Europea, pola que abren o xa mencionado expediente [2001/2141] de suposta infracción ao Estado Español, no Blogue "O Caso Reganosa" hai publicado un artigo polo propio administrador con data 8 de Abril de 2008, sen máis referencias de autor, titulado: "A localización da Planta de GNL de Ferrol", tamén publicado como comentario no xornal Galicia Hoxe con data do 12.06.2006 co nome de Juan Manuel, co título: "Non se cumpriu coas normas Quen é o culpable?" e por último como outro comentario publicado en Xornal de Galicia.com baixo o título: "Sobre a localización: 'A localización da Planta de GNL de Ferrol'", con data do 30 de Setembro de 2007, postado por Reganosatis que analiza o asunto da localización de Reganosa, posibelmente este texto foi escrito en 2004, pois fai referencia a: "O pasado 12 de xaneiro a Comisión Europea enviou un apercibimiento a España exhortándoa a transponer correctamente á súa lexislación nacional a lei comunitaria coñecida como Lei Seveso II. Esta Lei é de vital importancia para ter en conta na decisión da asignación do chan para unha instalación de GNL como a que se pretende instalar en Mugardos" e ademais comenta un escrito do Xefe de Unidade da Dirección Xeral de Medio da Comisión Europea, Sr. Georges Kremlis, con data 2 de Febreiro de 2004, e enviada a José Manuel Gabeiras, o xa finado membro do Comité Cidadán e Presidente Honórifico do mesmo, para informar-lle da probábel instrucción de arquivo do expediente de queixa 2001/5221, relativo ao posíbel incumprimento por parte das autoridades españolas da Directiva 85/337/CEE.

Pode-se acceder ao artigo mencionado no paragrafo anterior neste mesmo Blogue: A localización da Planta de GNL de Ferrol.

Segundo consta no sitio web do Comité Cidadán, con data 19 de Xuño de 2006, o expediente de suposta infracción [2001/2141], foi aberto en 2003, segundo comunicou a oficina de Aplicación do dereito Comunitario o 27 de Marzo de 2006 seguia aberto. Dado o atraso do expediente, o Comité Cidadán enviou un dossier ao Defensor do Pobo Europeo e outro á Comisión Europea con documentos que proban a vulneración da Directiva Comunitaria 96/82/CE Seveso II. E ao Banco Europeo de Investimentos enviaron información dos socios de Reganosa, a fin de que non reciban fondos europeos vetados porque vulneran as Directivas Europeas de medioambiente e prevención de riscos de accidentes graves.


Decisións recentes da Comisión Europea

"A Comisión Europea publica as súas Decisións en materia de infracción a partir da fase de ditame motivado, salvo que opte por actuar doutro xeito.

As Decisións relativas á non comunicación das medidas de transposición das Directivas e á non execución de sentenzas do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas publícanse desde a fase da carta de emprazamento, a non ser que a Comisión Europea decida facer outra cousa.

As Decisións de arquivo das infraccións constatadas tamén se fan públicas.

Aquí recóllense as Decisións publicadas pola Secretaría Xeral da Comisión Europea desde o 20 de marzo de 2002, clasificadas cronoloxicamente"
.


Decisións da Comisión do 12/12/2006
:

En: ES
   
Número: 2001/2141
   
Serv.Resp: ENVI
   
Título: IMPACT - SEVESO - INSTALLATIONS INDUSTRIELLES A MUGARDOS (GALICE)
   
Decisión da Comisión: Classement [Classement / Closing of the case] - [Clasificación / Arquivamento do proceso]

Fonte: http://ec.europa.eu/community_law/eulaw/decisions/dec_06_12_12.htm#es


Detalle do documento:

Comisión de Peticións
Comunicación aos Membros
[Asunto: Petición 1322/2007]

"A Comisión está perfectamente ao corrente dos feitos que se expón nesta petición, dado que a planta de regasificación de Mugardos, situada n'A Coruña, Galizia, España, foi obxecto de múltiples preguntas parlamentarias (por exemplo, as preguntas escritas E-5667/07 e E-5668/07), así como dunha investigación completa por parte da Comisión (véxase a queixa 2001/2141, que reagrupa toda unha serie de queixas) que se pechou no mes de decembro de 2006".

Fonte: http://europa-e-reganosa.blogspot.com/2009/11/comision-de-peticions-comunicacion-aos.html
___________________

Referencia da Denuncia presentada polo Comité Cidadán de Emerxencia, con data de 5 de Novembro de 2001:

http://europa-e-reganosa.blogspot.com/2001/11/documento-denuncia-ante-comision-das.html
____________________________

Nota.- Quen teña información ao respeito deste asunto, pode envia-la ao correo-e:
artabra21@gmail.com
_________________________________

Nenhum comentário:

Postar um comentário