Accións contra Reganosa nas Institucións Europeas

Blogue de traballo do Colectivo Ártabra 21 para a loita contra o despropósito gasístico de Reganosa

sexta-feira, 30 de novembro de 2007

Regreso da Delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol que se desprazara até Bruxelas o pasado 27 de Novembro

A DELEGACIÓN DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA QUE VIAXOU BRUXELAS, OS DÍAS 28 E 29 LOGROU OS SEUS OBXECTIVOS MEDIÁTICOS E INSTITUCIONAIS, PRESENTANDO SENDAS DENUNCIAS NA COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO E NOS SERVIZOS DE MEDIO AMBIENTE DA COMISIÓN EUROPEA, ASÍ COMO TENDO ENTREVISTAS CON EURODIPUITAD@S DE DEFERENTES GRUPOS PARLAMENTARIOS.

Saúdos cordiais

Carmelo Teixeiro



A Delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol [en diante CCE] regresou de Bruxelas, onde os días 28 e 29 de novembro cubreu os obxectivos mediáticos e institucionais, presentando unha petición ao Comité de Peticións do Parlamento Europeo e así mesmo presentando unha nova denuncia nos Servizos de Medio Ambiente da Comisión Europea, todo iso polo feito de que a Planta de Gas de Reganosa desde o pasado 9 de maio está en funcionamento, ameazando a vida de 100.000 persoas, vulnerando fragantemente os artigos 8 e 12 da Directiva Europea 96/82/CE (Seveso II) sobre distancias á poboación e a vulnerando tamén a norma EN-1532 sobre saída ao mar dos buques gaseros en caso de emerxencia, ameazando tamén a riqueza marisqueira da que viven mais de 600 familias, ameazando tamén o patrimonio histórico e o potencial turístico da Ría de Ferrol.

Ás mesmas institucións europeas, a delegación do CCE tamén presentou outro escrito asinado pola Confraría de Pescadores de Ferrol, para denunciar os danos que na actividade marisqueira está provocando Reganosa, desde a súa entrada en funcionamento en maio pasado..

A viaxe foi organizada polo Grupo Europeo de Esquerda Unida, no programa de visitas ao parlamento europeo, con fondos deste, trasladando a Bruxelas a 25 persoas de distintos colectivos de Galiza, que se aloxaron no Hotel Best Western Premier. Por iso a Delegación do CCE tivo unha moi apretada axenda, xa que ademais do protocolo da visita tiveron que dedicar tempo adicional a entrevistas con eurodiputados, dos grupos de EU, socialista e Verdes.

En todo momento @s compoñentes da Delegación do CCE levaron postas as camisetas de cor vermella, co slogan - Planta de Gas Fora da Ría! En defensa da vida da Ría e dá legalidade -. Así mesmo en distintos puntos no seu percorrido por dentro do Parrlamento Europeo despregaron as bandeiras - pancarta de cor vermella tamén e co mesmo mensaxe

O día 28 as entrevistas foron con eurodiputados o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, entre eles español Willy Meyer membro da Comisión de Peticións, o italiano Roberto Musacchio e a portuguesa Ilda Figueredo. Ademais de entregarlles as copias das denuncias para a Comisión de Peticións e Comisión de Medio Ambiente, nesta entrevista estívose analizando como mellorar as xestións nas institucións europeas. O eurodiputado italiano Roberto Musacchio propuxo lograr unha coordinación informativa entre o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol coas plataformas cidadás das cidades italianas de Brindisi e Monfalcone que lograron cancelásense senllos proxecto de de Planta de Gas con procesos similar en irregularidades e de corruptela. No caso de Brindisi, o mais recente, foi o goberno central italiano o que ordenou cancelar a licenza dunha planta de gas similar á de Reganosa. No caso de Monfalcone, foi unha consulta popular neste pobo que maioritariamente resultou contraria á Planta de Gas, provocando que o Alcalde do Pobo dimitise, pois era un dos apoios da instalación gasista.

O xoves 29 de novembro a Delegación do CCE entrevistouse cos eurodiputados socialistas galegos Antolín Sánchez e Rosa Miguelez. Na entrevista estivo así mesmo a eureodipuada aragonesa Ines Ayala Sender, membro da Comision de Peticións. Tamén se entrevistaron co eureodiputado dos Verdes David Hammerstein.

Nas entrevistas cos eurodiputados entregáronselles copia da denuncia presentada ao Comité de Peticións e á Comisión de Medio Ambiente, Así mesmo facilitóuselles copia da denuncia presentada hai un mes ao Comisario Europeo da Competencia pola vulneración de normativa europea da competencia nun convenio subscrito no ano 2000 por D. Manuel Fraga, entón Presidente da Xunta de Galicia, cunha cláusula secreta para esconder investimentos e axudas públicas, actuando en prexuízo doutros operadores do sector enerxético.

Nesas entrevistas expúxoselles aos eurodiputados europeos, que unha comisión do Parlamento Europeo se desprace a Ferrol, para verificar -in situ- para a primeira ollada verificar que a Planta de Gas de Reganosa vulnera a directiva europea Seveso II, así mesmo para verificar que Reganosa é unha ameaza para a vida humana, para a riqueza marisqueira da Ría, para o patrimonio histórico e para o seu potencial turístico.

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_______________
Anexos:

TÍTULO VIII : DAS PETICIÓNS
Regulamento do Parlamento Europeo
-16ª edición - setembro 2007 -

Artígo 191 : Dereito de petición

Artígo 192 : Examen das peticións

Artígo 193 : Publicidade das peticións
___________________

Membros da Comisión de Peticións:
Relación de membros

Web da Comisión de Peticións:
Sitio web C.P.

_______________


De: Comite Cidadan
-comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de novembro de 2007 18:35
Asunto: Regreso da Delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

______________

quinta-feira, 29 de novembro de 2007

Información tirada do antigo Blogue de Willy Meyer Pleite

MEYER CANALIZA AS PETICIÓNS SOBRE REGANOSA ANTE O PARLAMENTO EUROPEO


Unha delegación de Esquerda Unida, xunto con representantes de diferentes asociacións de cidadáns afectados, visitou onte o Parlamento Europeo, invitados por eurodiputado e Coordinador executivo de Esquerda Unida, Willy Meyer. En total, máis de 30 persoas de Galicia, acudiron a Bruxelas co obxectivo de facer entrega dunha petición á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo sobre o grave risco que para a vida humana e para a riqueza pesqueira da ría de Ferrol supón a actual localización de REGANOSA.

Willy Meyer, como membro desta Comisión, recolleu as peticións presentadas por Esquerda Unida, polo Comité Cidadán de Emerxencia e pola Confraría de Pescadores e comprometeuse a cursar a súa tramitación.

As tres peticións recollen o claro incumprimento desa instalación de múltiples directivas comunitarias en materia de seguridade e medioambiente. Os peticionarios recordaron na rolda de prensa que a regasificadora, que recentemente obtivo o acta de funcionamento, supón un grave risco para a vida humana na zona, para a riqueza pesqueira da ría e os postos de traballo que dependen dela, xa que a planta regasificadora está incrustada no corazón da ría de Ferrol. Neste sentido, Willy Meyer dixo que a normativa europea esixe unha distancia de máis de 2.000 metros entre as plantas de gas e os núcleos de poboación, e que neste caso no radio de 2 quilómetros viven unhas 7.000 persoas, e que ven directamente afectados pola planta uns 100.000 cidadáns.

Os peticionarios destacaron, na rolda de prensa, que as dimensións da ría non permiten aos gaseros saír á mar con rapidez e polos seus propios medios, e que xa que logo existe xa que logo unha altísima probabilidade de que, en caso de urxencia, o barco quede encerrado na ría. Ademais, en caso de accidente os seus efectos veríase multiplicados porque a planta de gas REGANOSA está construída encostada a un complexo petroquímico (Forestal do Atlántico S.A). Por outra banda, a planta está dentro da zona de seguridade para a Defensa Nacional, fronte ao Arsenal de Ferrol.

Willy Meyer remarcou que o proxecto foi aprobado sen que se realizou ningunha Avaliación de Impacto Ambiental (incumprindo a Directiva 97/11/CE), a pesar da súa magnitude e o risco que pode implicar e a pesar de que os fondos mariños afectados están clasificados como Lugar de Importancia Comunitaria e pertencen á Rede Natura 2000.

Ao final da rolda de prensa Willy Meyer mostrou o seu compromiso para buscar unha solución definitiva ao problema de REGANOSA que cumpra coa lexislación europea e garanta a calidade de vida dos veciños de Ferrolterra.

Fonte: http://willymeyer.blogspot.com/2007/11/meyer-canaliza-las-peticiones-sobre.html
_________________