[Clicar acima da imaxe para ampliar]
- ESQUERDA UNIDA AFIRMA QUE A COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO NON PECHOU A DENUNCIA PRESENTADA POR EU E OUTROS COLECTIVOS POLO ILEGAL EMPRAZAMENTO DA PLANTA DE GAS
- O GRUPO PARLAMENTAR DA ESQUERDA UNITARIA EUROPEA DESENVOLVEU NESTES DÍAS UNHA SERIE DE XESTIÓNS DIANTE DA COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO CONDUCENTES A MANTER A VIXENCIA DA DEVANDITA DENUNCIA
- ESQUERDA UNIDA ANUNCIA A SÚA DETERMINACIÓN DE CONTINUAR A LOITA PARA GAÑAR A SEGURIDADE E A VIDA CONTRA REGANOSA CON OUTRA BATERÍA DE INICIATIVAS NO CONGRESO
Esquerda Unida desminte con rotundidade que a denuncia contra a planta de gas de Reganosa presentada, entre outras entidades, pola nosa organización diante do Parlamento Europeo fora arquivada.
O Grupo Parlamentar da Esquerda Unitaria Europea, onde se atopa integrado o parlamentario de Esquerda Unida, Willy Meyer, desenvolveu nestes días unha serie de xestións diante da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo conducentes a manter a vixencia da devandita denuncia. O resultado destas iniciativas é o mantemento da denuncia aberta na comisión de Peticións, segundo nos confirmou esta mesma mañá o noso deputado Willy Meller.
Esquerda Unida anuncia que vai achegar nova documentación diante da Comisión de Peticións ao obxecto de apoiar a argumentación presentada con motivo da viaxe que unha sesentena de colectivos de toda Galicia, entre eles nomeadamente de Ferrolterra, realizaron hai máis dun ano ao Parlamento Europeo para presentar a denuncia contra a planta de gas.
O noso Grupo Parlamentar no Congreso dos Deputados achegará neste días unha nova batería de iniciativas en forma de preguntas parlamentarias para reclamar do Goberno do Estado un pronunciamento sobre os continuos problemas que teñen os gaseiros para entrar na ría de Ferrol e os perigos derivados para a seguridade da veciñanza da zona.
Queremos lembrar as últimas sentenzas emitidas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordenando o desmantelamento dos depósitos de ferrazo no porto de Vilagarcía e a sentenza condenatoria sobre os recheos no porto de Marín. Pendentes de resolver xudicialmente os recursos sobre o emprazamento de Reganosa, que en primeira instancia dan a razón a denuncia presentada por Esquerda Unida, afirmamos a nosa determinación de acompañar o rexeitamento cidadá dunha planta de gas ilegal e perigosa para a vida de milleiros de persoas e para a riqueza que alberga a ría de Ferrol.
Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida
Fonte: http://www.esquerdaunida.org/
____________________