Accións contra Reganosa nas Institucións Europeas

Blogue de traballo do Colectivo Ártabra 21 para a loita contra o despropósito gasístico de Reganosa

quarta-feira, 10 de fevereiro de 2010

Esquerda Unida ampliará nestes días a súa denuncia contra a planta de gas diante da Comisión de peticións do Parlamento Europeo

ASISTIRÁ UNHA REPRESENTACIÓN DE EU Á SESIÓN

Esquerda Unida vai presentar neste días unha ampliación da denuncia sobre a planta de gas de Reganosa, na previsión –a confirmar a vindeira semana– de que o día 23 haberá unha reunión da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo.

A nosa organización vai achegar un documento onde se amplían os feitos presentados na petición de novembro de 2007. Ampliación que terá en conta as incidencias e as modificacións producidas no devir da planta nestes máis de dous anos en funcionamento.

Esquerda Unida quere lembrar que esta ampliación da denuncia amosa con claridade que non houbo arquivo da nosa demanda. A nosa petición segue o seu curso e Esquerda Unida ten o convencemento racional e crítico da xusteza das nosas razóns –de máis dunha sesentena de entidades e asociacións– encol de conquerir un pronunciamento a prol da razón e a vida que expresan as entidades que nos opoñemos á planta de gas.

A planta de gas de Reganosa segue a manter unha ubicación ilegal, asemade de fundamentarse con datos incertos para xustificar a súa viabilidade económica. Planta prescindible debido a súa acción destrutora sobre o ecosistema da ría e baixa eficiencia.

As incidencias resultantes das entradas dos gaseiros son un dos aspectos novos e problemáticos que se están a suscitar con recorrencia: unha decea de embarcacións tiveron que abortar a entrada na ría a causa das condicións climatolóxicas imperantes, dando razón do risco denunciado pola nosa organización. A recepción de embarcacións (barcos metaneiros) de até 140.000 metros cúbicos ou o incumprimento das normas de seguridade e navegabilidade abondan neste rubro argumental.

A acción destrutora sobre o ecosistema da ría ou a pretendida ampliación da capacidade regasificadora son cuestións que levan a Esquerda Unida a incorporar novos datos e análises en apoio da nosa petición.

O Plan de Emerxencia Exterior acumula irregularidades que a nosa organización entende, e así o vai argumentar na Comisión de Peticións, ameazan a vida e seguridade da veciñanza.

En resumo, unha delegación de Esquerda Unida asistirá á sesión da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para facer valer os dereitos da cidadanía de Ferrolterra e para acadar o mesmo resultado que en Marín (recheos do porto) ou Vilagarcía (depósitos de Ferrazo), unha resolución favorable aos intereses da veciñanza e contra os intereses económicos duns poucos.

Fonte: http://www.esquerdaunida.org/noticias.asp?Idnoticia=1718
_________________________

quinta-feira, 24 de dezembro de 2009

Referencias ao expediente de infracción 2001/2141 arquivado por decisión da Comisión Europea

O Comité Cidadán de Emerxencia, a través de diversas entidades cidadás presentou, o 5 de Novembro de 2001, ante a Comisión Europea unha denuncia contra o Estado Español por múltiples incumprimentos da normativa comunitaria na tramitación e outorgamento dos permisos necesarios, para a construción de Reganosa no interior da Ría de Ferrol que quedou referenciada como: 2001/5221 SG (2001) a/13049, nun procedemento de queixa ante a Comisión Europea, mais tramitado ante a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, Dirección D-Programa LIFE, Aplicación do Dereito Comunitario e Protección Civil, Expediente de Queixa 5221/2001.

Denuncia á que se pode acceder en:
http://europa-e-reganosa.blogspot.com/2009/11/comision-de-peticions-comunicacion-aos.html

O 15 de Outubro de 2002 a Sra. Wallström no nome da Comisión Europea comunica que por mor das preguntas parlamentarias E-1310/01 da Sra. McKenna, E-1359/01, da Sra. González Álvarez e a E-1379/01 de Rosa Miguélez Ramos, a Comisión decidiu abrir un expediente de suposta infracción, rexistrado coa referencia: 2001/2141.

En referencia a esta denuncia [2001/5221] na Comisión Europea, pola que abren o xa mencionado expediente [2001/2141] de suposta infracción ao Estado Español, no Blogue "O Caso Reganosa" hai publicado un artigo polo propio administrador con data 8 de Abril de 2008, sen máis referencias de autor, titulado: "A localización da Planta de GNL de Ferrol", tamén publicado como comentario no xornal Galicia Hoxe con data do 12.06.2006 co nome de Juan Manuel, co título: "Non se cumpriu coas normas Quen é o culpable?" e por último como outro comentario publicado en Xornal de Galicia.com baixo o título: "Sobre a localización: 'A localización da Planta de GNL de Ferrol'", con data do 30 de Setembro de 2007, postado por Reganosatis que analiza o asunto da localización de Reganosa, posibelmente este texto foi escrito en 2004, pois fai referencia a: "O pasado 12 de xaneiro a Comisión Europea enviou un apercibimiento a España exhortándoa a transponer correctamente á súa lexislación nacional a lei comunitaria coñecida como Lei Seveso II. Esta Lei é de vital importancia para ter en conta na decisión da asignación do chan para unha instalación de GNL como a que se pretende instalar en Mugardos" e ademais comenta un escrito do Xefe de Unidade da Dirección Xeral de Medio da Comisión Europea, Sr. Georges Kremlis, con data 2 de Febreiro de 2004, e enviada a José Manuel Gabeiras, o xa finado membro do Comité Cidadán e Presidente Honórifico do mesmo, para informar-lle da probábel instrucción de arquivo do expediente de queixa 2001/5221, relativo ao posíbel incumprimento por parte das autoridades españolas da Directiva 85/337/CEE.

Pode-se acceder ao artigo mencionado no paragrafo anterior neste mesmo Blogue: A localización da Planta de GNL de Ferrol.

Segundo consta no sitio web do Comité Cidadán, con data 19 de Xuño de 2006, o expediente de suposta infracción [2001/2141], foi aberto en 2003, segundo comunicou a oficina de Aplicación do dereito Comunitario o 27 de Marzo de 2006 seguia aberto. Dado o atraso do expediente, o Comité Cidadán enviou un dossier ao Defensor do Pobo Europeo e outro á Comisión Europea con documentos que proban a vulneración da Directiva Comunitaria 96/82/CE Seveso II. E ao Banco Europeo de Investimentos enviaron información dos socios de Reganosa, a fin de que non reciban fondos europeos vetados porque vulneran as Directivas Europeas de medioambiente e prevención de riscos de accidentes graves.


Decisións recentes da Comisión Europea

"A Comisión Europea publica as súas Decisións en materia de infracción a partir da fase de ditame motivado, salvo que opte por actuar doutro xeito.

As Decisións relativas á non comunicación das medidas de transposición das Directivas e á non execución de sentenzas do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas publícanse desde a fase da carta de emprazamento, a non ser que a Comisión Europea decida facer outra cousa.

As Decisións de arquivo das infraccións constatadas tamén se fan públicas.

Aquí recóllense as Decisións publicadas pola Secretaría Xeral da Comisión Europea desde o 20 de marzo de 2002, clasificadas cronoloxicamente"
.


Decisións da Comisión do 12/12/2006
:

En: ES
   
Número: 2001/2141
   
Serv.Resp: ENVI
   
Título: IMPACT - SEVESO - INSTALLATIONS INDUSTRIELLES A MUGARDOS (GALICE)
   
Decisión da Comisión: Classement [Classement / Closing of the case] - [Clasificación / Arquivamento do proceso]

Fonte: http://ec.europa.eu/community_law/eulaw/decisions/dec_06_12_12.htm#es


Detalle do documento:

Comisión de Peticións
Comunicación aos Membros
[Asunto: Petición 1322/2007]

"A Comisión está perfectamente ao corrente dos feitos que se expón nesta petición, dado que a planta de regasificación de Mugardos, situada n'A Coruña, Galizia, España, foi obxecto de múltiples preguntas parlamentarias (por exemplo, as preguntas escritas E-5667/07 e E-5668/07), así como dunha investigación completa por parte da Comisión (véxase a queixa 2001/2141, que reagrupa toda unha serie de queixas) que se pechou no mes de decembro de 2006".

Fonte: http://europa-e-reganosa.blogspot.com/2009/11/comision-de-peticions-comunicacion-aos.html
___________________

Referencia da Denuncia presentada polo Comité Cidadán de Emerxencia, con data de 5 de Novembro de 2001:

http://europa-e-reganosa.blogspot.com/2001/11/documento-denuncia-ante-comision-das.html
____________________________

Nota.- Quen teña información ao respeito deste asunto, pode envia-la ao correo-e:
artabra21@gmail.com
_________________________________

sábado, 19 de dezembro de 2009

Por qué mentiron os medios de comunicación dun xeito tan xeneralizado ?

Informe para o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Os pasados 2 e 3 de Decembro os medios de comunicación [TV, Radio e Prensa Escrita] en forma de titular e noticia de fundo, daban titulares como este:

"El Parlamento Europeo cierra el expediente sobre Reganosa ... La comisión de peticiones del PE se encargó de tomar la decisión..." [El Correo Gallego - 03.12.2009 P. HERMIDA]

Estaban-se referindo á Petición 1322/2007, presentada por Yolanda Díaz Pérez, en nome Esquerda Unida de Galicia, Jesús Ignacio Caselas Pérez, en nome da Federación Roi Xordo de AAVV da zona urbana de Ferrol, e Bernardo Bastida Sixto, en nome da Confraría de Pescadores de Ferrol sobre a apertura da planta de regasificación que Reganosa instalou en Punta Promontorio no concello de Mugardos.

A petición foi presentada en Novembro de 2007 no rexistro de peticións do Parlamento Europeo, lugar onde se desprazou unha representación do Comité Cidadán, convidados polo grupo parlamentario de Esquerda Unida.

A Petición 1322/2007 foi admitida a trámite o 7 de maio de 2009. Respaldando-se no disposto no artigo 202, apartado 6, do Regulamento do Parlamento Europeo, a Comisión de Peticións solicitou á Comisión Europea que facilitase información ao repeito do asunto.

A Comisión de Peticións recibe o Informe da Comisión Europea que con data 25.9.2009 reenvia aos membros da Comisión de Peticións. Este documento baixo o Titulo: "Comunicación aos Membros", foi enviada a todos os membros do Pleno da Comisión de Peticións, así como  se fixo público na propia web do Parlamento Europeo.

Este é o Documento que utilizan os medios para elaborar a súa noticia de suposto peche do expediente sobre Reganosa na Comisión de Peticións.

Este Documemto que recolle na súa integridade o Informe da Comisión Europea, era un Documento que se tiña que tratar na Reunión Ordinaria do Plenario da Comisión de Peticións, do 1 e 2 de Decembro de 2009, onde se ía tratar a xa citada Petición 1322/2007, no ponto 32 de 91 puntos anexados máis que figuraban na orde do día.

Documento da Reunión:
http://www.europarl.europa.eu/meetdocs/2009_2014/organes/peti/peti_20091201_1500.htm

Os medios deron por suposto que na citada reunión plenaria da Comisión de Peticións o ponto 32 [Petición 1322/2007] ía ser tratado, pechado o expediente  e acordado o seu arquivo.

Chegaron-se e dicer cousas como esta por parte de P. Hermida en "El Correo Gallego" do 03.12.2009:

"Pero los eurodiputados no necesitaron ni un debate para archivar el expediente. La resolución atiende a las recomendaciones del Ejecutivo comunitario, partidario de 'no proseguir con el asunto ya que no tiene sentido ni hay irregularidades'."

O Comité Cidadán de Emerxencia e Esquerda Unida, desmentiron o arquivo do expediente, máis non houbo nengún só medio que retificara, só publicaron algúns deles as notas das citadas entidades con anotacións ao marxe.

Hoxe, 18 de Decembro de 2009, a Comisión de Peticións publica a Acta da Reunióm Plenaria celebrada os pasados 1 e 2 de Decembro de 2009 [En inglés], onde na súa páxina sete, no último parágrafo di textualmente:
  • Petitions 0669/06, 0878/2007, 1322/2007, 1831/2008, 0192/2009, 0302/2009 and 0439/2009 would be discussed in an upcoming meeting.

  • [Peticións 0669/06, 0878/2007, 1322/2007, 1831/2008, 0192/2009, 0302/2009 e 0439/2009 será discutido nunha próxima reunión.]
E na súa páxina oito, no primeiro parágrafo di textualmente:
  • 92. Date and Place of next meeting
    Wednesday, 27 January 2010, 15.00-18.30
    Thursday, 28 January 2010, 09.00-12.30

  • [92. Data e lugar da seguinte reunión
    Mércores 27 de Xaneiro 27 de 2010, De 15:00 a18:30 horas
    Xoves 28 xaneiro de 2010, De 09:00 a 12.30 horas
    ]
Esta é a seguinte reunión plenaria onde se vai tratar o asunto.

É dicer a nosa Petición 1322/2007 vai-se tratar na Reunión Plenaria da Comisión de Peticións dos vindeiros 27 e 28 de Xaneiro de 2010.

Enlace onde se pode abrir e baixar a citada Acta

Como funciona a Comisión de Peticións [Moi interesante Video explicativo de pouco máis de tres minutos].


Documentos referenciados:

Algunhas mostras da noticia nos medios :

Conclusión
:

Os medios de comunicación, mentiron á hora de dar a noticia, intencionadamente ou non, o caso é que mentiron, nuns casos daban a fonte da información en noticias de axencia [EFE], noutros falaban de "fontes parlamentarias" e noutros como correspondentes ou mesmo redactores sen mencionar fontes.

Manipulación, falta de rigor ou erro ... nalgúns casos que coñecemos a súa traxectoria "desinformativa" e manipuladora en todo o referente a Reganosa, non temos a menor dúbida. Mais noutros casos pode que sexa un erro ao non investigar as fontes.

Mais en todos os casos, estes medios deberían dar unha explicación formal do seu "erro", e retificar publicamente.

E as organizacións e persoas que aproveitaron esta manipulación para minar a credibilidade do Comité, na súa "cruzada" para o seu derrocamento, deberían retificar publicamente.

________________

domingo, 13 de dezembro de 2009

Comisión Europea: Preguntas e Respostas

[3 de Maio de 2001] - Pregunta escrita - Planta de regasificación de Mugardos E-1310/01, de Patricia McKenna (Verts/ALE) á Comisión .

[7 de Maio de 2001] - Pregunta  escrita - Incompatibilidade co Dereito comunitario da futura planta de regasificación de Mugardos E-1379/01, de Rosa Miguélez Ramos (PSE) á Comisión .

[7 de Maio de 2001] - Pregunta escrita - Problemas para a saúde e o medio ambiente  en Mugardo E-1359/01, de Laura González Álvarez (GUE/NGL) á Comisión .

[5 de Xullo de 2001] - Resposta común ás preguntas escritas E-1310/01 , E-1359/01 e E-1379/01 dada polo Sra. Wallström no nome da Comisión. A Comisión non está ao corrente dos feitos a que aluden As súas Señorías en relación coa instalación Forestal Atlántico, S.A. ou co proxecto de instalar unha planta de regasificación no mesmo municipio que a primeira; a saber: en Mugardos (Galicia).

[16 de Xaneiro de 2002] - Pregunta escrita - Financiación comunitaria para regasificadora ...E-3687/2001PREGUNTA ESCRITA de Rosa Miguélez Ramos (PSE) á Comisión ... A empresa Regasificadora del Norte SA (Reganosa) promueve un proxecto de instalación dunha planta de gas natural licuado no interior da angosta ría ...

[22 de Febreiro e 10 de Xuño de 2002] - Respostas do Sr. Barnier no nome da Comisión á Pregunta escrita: E-3687/2001 sobre a Financiación comunitaria para regasificadora na ría de Ferrol. .

[6 de Setembro de 2002]  - Pregunta escrita - Irregularidades ao redor da futura construción dunha planta regasificadora na Ría do Ferrol  P-2541/02 ,  de Rosa Miguélez Ramos (PSE) á Comisión. Consta-lle á Comisión que, a pesar dos accidentes de Toulouse e Enschede, a empresa Reganosa —co beneplácito das autoridades municipais ...

[13 de Setembro de 2002] - Pregunta escrita - Falta de seguridade no proxecto de regasificadora na Ría de Ferrol E-2555/02, de Rosa Miguélez Ramos (PSE) á Comisión.  Consta-lle á Comisión que a instalación propuesta pola empresa promotora, Reganosa, no pode cumprir coas normas europeas e internacionais de ....

[15 de outubro de 2002] - Resposta común ás preguntas escritas P-2541/02 y E-2555/02 dada pola Sra. Wallström no nome da Comisión, sobre a falta de seguridade no proxecto de regasificadora na Ría de Ferrol ... 

[14 de Xullo de 2006] - Pregunta escrita - Incumplimiento das Directivas 96/82/CE e 85/337/CEE na ría de Ferrol ... E-3249/06,  de Willy Meyer Pleite (GUE/NGL) á Comisión ... A empresa Regasificadora del Norte SA (Reganosa) promove un proxecto de instalación dunha planta de gas natural licuado en Mugardos - A Coruña ... .

[28 de Setembro de 2006] - Resposta do Sr. Dimas no nome da Comisión  á Pregunta escrita: E-3249/2006 sobre o Incumprimiento das Directivas 96/82/CE y 85/337/CEE na ría de Ferrol  .

[15 de Novembro de 2007] - Pregunta escrita - Reganosa incumpre a normativa española e... E-5668/07. PREGUNTA ESCRITA de Willy Meyer Pleite (GUE/NGL) á Comisión. Asunto: Reganosa incumpre a normativa española e comunitaria, ...

[15 de Novembro de 2007]  - Pregunta escrita - Incorrecta transposición da Directiva 85/337/CEE á lexislación española ... - E-5667/07, de Willy Meyer Pleite (GUE/NGL) á Comisión

[11 de Febreiro de 2008] - Resposta conxunta do Sr. Dimas no nome da Comisión ás Preguntas escritas : E-5667/07 , E-5668/07  ... A Comisión está ao corriente do proxecto de construcción destas instalacións de regasificación (Reganosa) na ría de Ferrol, no municipio de ...
_______________

sexta-feira, 4 de dezembro de 2009

Esquerda Unida desminte con rotundidade que a denuncia contra Reganosa diante do Parlamento Europeo fora arquivada - Petición 1322-2007


[Clicar acima da imaxe para ampliar]
  • ESQUERDA UNIDA AFIRMA QUE A COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO NON PECHOU A DENUNCIA PRESENTADA POR EU E OUTROS COLECTIVOS POLO ILEGAL EMPRAZAMENTO DA PLANTA DE GAS
  • O GRUPO PARLAMENTAR DA ESQUERDA UNITARIA EUROPEA DESENVOLVEU NESTES DÍAS UNHA SERIE DE XESTIÓNS DIANTE DA COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO CONDUCENTES A MANTER A VIXENCIA DA DEVANDITA DENUNCIA
  • ESQUERDA UNIDA ANUNCIA A SÚA DETERMINACIÓN DE CONTINUAR A LOITA PARA GAÑAR A SEGURIDADE E A VIDA CONTRA REGANOSA CON OUTRA BATERÍA DE INICIATIVAS NO CONGRESO

Esquerda Unida desminte con rotundidade que a denuncia contra a planta de gas de Reganosa presentada, entre outras entidades, pola nosa organización diante do Parlamento Europeo fora arquivada.

O Grupo Parlamentar da Esquerda Unitaria Europea, onde se atopa integrado o parlamentario de Esquerda Unida, Willy Meyer, desenvolveu nestes días unha serie de xestións diante da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo conducentes a manter a vixencia da devandita denuncia. O resultado destas iniciativas é o mantemento da denuncia aberta na comisión de Peticións, segundo nos confirmou esta mesma mañá o noso deputado Willy Meller.

Esquerda Unida anuncia que vai achegar nova documentación diante da Comisión de Peticións ao obxecto de apoiar a argumentación presentada con motivo da viaxe que unha sesentena de colectivos de toda Galicia, entre eles nomeadamente de Ferrolterra, realizaron hai máis dun ano ao Parlamento Europeo para presentar a denuncia contra a planta de gas.

O noso Grupo Parlamentar no Congreso dos Deputados achegará neste días unha nova batería de iniciativas en forma de preguntas parlamentarias para reclamar do Goberno do Estado un pronunciamento sobre os continuos problemas que teñen os gaseiros para entrar na ría de Ferrol e os perigos derivados para a seguridade da veciñanza da zona.

Queremos lembrar as últimas sentenzas emitidas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordenando o desmantelamento dos depósitos de ferrazo no porto de Vilagarcía e a sentenza condenatoria sobre os recheos no porto de Marín. Pendentes de resolver xudicialmente os recursos sobre o emprazamento de Reganosa, que en primeira instancia dan a razón a denuncia presentada por Esquerda Unida, afirmamos a nosa determinación de acompañar o rexeitamento cidadá dunha planta de gas ilegal e perigosa para a vida de milleiros de persoas e para a riqueza que alberga a ría de Ferrol.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida

Fonte: http://www.esquerdaunida.org/
____________________

segunda-feira, 30 de novembro de 2009

Comisión de Peticións: Comunicación aos Membros [Asunto: Petición 1322/2007]


2009 - 2014
PARLAMENTO EUROPEO
Comisión de Peticións
25.9.2009


COMUNICACIÓN AOS MEMBROS

Asunto: Petición 1322/2007, presentada por Yolanda Díaz Pérez, de nacionalidade española, en nome Esquerda Unida de Galicia, Jesús Ignacio Caselas Pérez, en nome da Federación Roi Xordo de AAVV da zona urbana de Ferrol, acompañada de 4 firmas, e Bernardo Bastida Sixto, en nome da Confraría de Pescadores de Ferrol sobre a apertura dunha planta de regasificación en Mugardos, A Coruña

1. Resumo da petición

Os peticionarios critican a apertura da planta de regasificación da sociedade Reganosa na ría de Ferrol en Mugardos, A Coruña, por considerar que esta planta representa un risco importante para as persoas e o medio ambiente. Os peticionarios están convencidos de que se vulnerou a lexislación en vigor, incluídas as Directivas 96/82/CE do Consello de 9 de decembro de 1996 relativa ao control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas e 97/11/CE do Consello de 3 de marzo de 1997 pola que se modifica a Directiva 85/337/CEE relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente. Por exemplo, a planta construír demasiado preto de zonas residenciais (a tan só 90 m). Por outra banda, atópase nas proximidades dun complexo petroquímico. Como a planta non se atopa directamente á beira do mar, uns enormes buques cisterna deberán pasar por unha estreita canle cun leito mariño clasificado como lugar de interese comunitario.

Os peticionarios da Confraría de Pescadores temen polos seus postos de traballo se, como resultado das actividades da planta, o río deixa de ser capaz de soportar a vida acuática.

Por outra banda, manifestan a súa preocupación polo uso intensivo de auga de mar no proceso de gasificación, polo que piden que se prohiba o uso de auga mariña se a planta finalmente non se pecha.


2. Admisibilidade

Admitida a trámite o 7 de maio de 2009. Pediuse á Comisión que facilitase información (artigo 202, apartado 6, do Regulamento).


3. Resposta da Comisión, recibida o 25 de setembro de 2009.

" A petición

Os peticionarios expón que a planta de regasificación de Mugardos podería representar graves riscos en caso de accidente, e pregúntanse se se respectou a Directiva 96/82/CE do Consello, de 9 de decembro de 1996, relativa ao control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas
[1] no caso que nos ocupa. A petición contén, así mesmo, unha serie de consideracións referentes a cuestións que non forman parte do obxecto do Dereito comunitario, e que deberían exporse, no seu caso, ante os órganos
administrativos ou xudiciais españois competentes. A Comisión absterase de formular comentario algún sobre estas últimas cuestións, dado que non recaen sobre a súa competencia.

Observacións da Comisión acerca da petición

A Comisión está perfectamente ao corrente dos feitos que se expón nesta petición, dado que a planta de regasificación de Mugardos, situada n'A Coruña, Galizia, España, foi obxecto de múltiples preguntas parlamentarias (por exemplo, as preguntas escritas E-5667/07 e E-5668/07), así como dunha investigación completa por parte da Comisión (véxase a queixa 2001/2141, que reagrupa toda unha serie de queixas) que se pechou no mes de decembro de 2006.

No entanto, a Comisión volveu a verificar a conformidade da devandita instalación coas disposicións do artigo 8 da
Directiva 96/82/CE do Consello, de 9 de decembro de 1996, relativa ao control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas. Devandito artigo prevé o seguinte:

- Efecto dominou

1. Os Estados membros velarán por que a autoridade competente, utilizando a información recibida do industrial en virtude dos artigos 6 e 9, determine os establecementos ou grupos de establecementos en que a probabilidade e a posibilidade ou as consecuencias dun accidente grave poidan verse incrementadas debido á localización e á proximidade de devanditos establecementos e á presenza nestes de sustancias perigosas.

2. Os Estados membros deberán cerciorarse de que para os establecementos así determinados:

  • (a) intercámbiense de xeito adecuado os datos necesarios, para permitir a devanditos establecementos tomar en consideración o carácter e a magnitude do perigo xeral de 1 accidente grave nas súas políticas de prevención de accidentes graves, nos seus sistemas de xestión da seguridade, nos seus informes sobre seguridade e nos seus plans de emerxencia internos;

  • (b) disporase dunha cooperación para a información ao público, así como para facilitar á autoridade competente datos para a elaboración de plans de urxencia externos. -
A información facilitada por parte da autoridades españolas confirma que, no caso que nos ocupa, cumpríronse as esixencias do artigo 8, dado que se intercambiaron de xeito adecuado os datos necesarios entre as instalacións afectadas (Reganosa, Igemasa, Forestal do Atlántico, S.A), que se elaborou un plan de emerxencia externo (dispoñible en Internet, se se consulta a ruta seguinte:

http://cpapx.xunta.es/export/sites/default/pcivil/pdf/Reganosa.pdf),

e que a páxina 102 de devandito plan de emerxencia externo pon de manifesto a magnitude dos posibles «efectos dominou» que resultan previsibles en caso de accidente na planta.

Conclusión

A Comisión entende que este tipo de planta poida resultar impopular polo que se refire a determinado sector da poboación circundante. No entanto, considera así mesmo que non ten ningún sentido proseguir con este asunto, o cal foi xa obxecto dunha avaliación pormenorizada e exhaustiva por parte dos seus propios servizos, a fin de comprobar o respecto do lexislación comunitaria en materia de medio ambiente aplicable, no marco da investigación que levou a cabo.
"

[1] DO L 10, 14.1.1997, p. 13–33

CM792076/792076ES.doc 3/3 PE429.587 - ES

_____________

Enlace para baixar o Documento da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, de resposta a unha petición [1322/2007] de Esquerda Unida de Galicia, da Federación Roi Xordo de AAVV da zona urbana de Ferrol e da Confraría de Pescadores de Ferrol, sobre a instalación de Reganosa en Punta Promontorio, no Concello de Mugardos, no interior da Ría de Ferrol. Documento que se vai tratar na reunión da citada Comisión de Peticións do vindeiro 1 de Decembro de 2009, onde se vai tratar o asunto da Petición de Reganosa o punto 32 de 91 axendados - Ver infomación máis abaixo [*]-


Enlace relacionado:
http://www.europarl.europa.eu/RegWeb/application/registre/searchResultDetailed.faces

Petición 1322/2007, presentada por Yolanda Díaz Pérez, de nacionalidad española, en nombre Izquierda Unida de Galicia, Jesús Ignacio Caselas Pérez, en nombre de la Federación Roi Xordo de AAVV de la zona urbana de Ferrol, acompañada de 4 firmas, y Bernardo Bastida Sixto, en nombre de la Cofradía de Pescadores de Ferrol sobre la apertura de una planta de regasificación en Mugardos, La Coruña

Baixar documento en formato -doc-

Datos do Documento:
  • Comunicacións aos membros da Comisión de Peticións
  • Data do documento: 25/09/2009
  • Data de inscripción no Rexistro: 08/10/2009
  • Ano: 2009
  • Lexislatura: 7
  • Documento para tratar na reunión do 1 de Decembro de 2009 en Bruxelas, ás 15:00 hras.
   
Documentos relacionados:

Número PE do documento : 429.587

Referencia aos expedientes dos que o documento forma parte : PETI/7/01163

Rexistro de Documentos: Re-Doc

Folla de transmisión (traduccións e revisións dos documentos) : 792076
Opción -1-
Opción -2-
Opción -3-
_____________________

Enlaces de interese relacionados:

EUR-Lex ofrece acceso directo e gratuíto á lexislación da Unión Europea. O sistema permite consultar o Diario Oficial da Unión Europea e, entre outras cousas, inclúe os tratados, a lexislación, a xurisprudencia e os traballos preparatorios da lexislación. Ofrece amplas posibilidades de procura

http://eur-lex.europa.eu/es/index.htm

_____________

[*] Reuniom da Comissom de Petiçons, o de Reganosa o punto 32 de 91 axendados.

Last update/Derniére mise é jour: 09/12/2009 - 14:28
Committee on Petitions
Commission des pétitions
Meeting / Réunion
01/12/2009 - 15:00 h.
Bruxelles - PHS P4B001
Agenda No OJ: 32
Ref.  429,587
Type CM
Title - Titre

Nº 1322/2007 by Yolanda Díaz Pérez (Spanish), on behalf of Izquierda Unida de Galicia [United Galician Left], Jesús Ignacio Caselas Pérez, on behalf of the Federación Roi Xordo de AAVV de la zona urbana de Ferrol, bearing 4 other signatures and Bernardo Bastida Sixto, on behalf of Cofradáa de Pescadores de Ferrol [Ferrol Fishermenés Brotherhood] on the opening of a regasification plant in Mugardos, A Coruña

Fonte: http://www.europarl.europa.eu/meetdocs/2009_2014/organes/peti/peti_20091201_1500.htm?textMode=on
____________________________

sexta-feira, 30 de novembro de 2007

Regreso da Delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol que se desprazara até Bruxelas o pasado 27 de Novembro

A DELEGACIÓN DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA QUE VIAXOU BRUXELAS, OS DÍAS 28 E 29 LOGROU OS SEUS OBXECTIVOS MEDIÁTICOS E INSTITUCIONAIS, PRESENTANDO SENDAS DENUNCIAS NA COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO E NOS SERVIZOS DE MEDIO AMBIENTE DA COMISIÓN EUROPEA, ASÍ COMO TENDO ENTREVISTAS CON EURODIPUITAD@S DE DEFERENTES GRUPOS PARLAMENTARIOS.

Saúdos cordiais

Carmelo Teixeiro



A Delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol [en diante CCE] regresou de Bruxelas, onde os días 28 e 29 de novembro cubreu os obxectivos mediáticos e institucionais, presentando unha petición ao Comité de Peticións do Parlamento Europeo e así mesmo presentando unha nova denuncia nos Servizos de Medio Ambiente da Comisión Europea, todo iso polo feito de que a Planta de Gas de Reganosa desde o pasado 9 de maio está en funcionamento, ameazando a vida de 100.000 persoas, vulnerando fragantemente os artigos 8 e 12 da Directiva Europea 96/82/CE (Seveso II) sobre distancias á poboación e a vulnerando tamén a norma EN-1532 sobre saída ao mar dos buques gaseros en caso de emerxencia, ameazando tamén a riqueza marisqueira da que viven mais de 600 familias, ameazando tamén o patrimonio histórico e o potencial turístico da Ría de Ferrol.

Ás mesmas institucións europeas, a delegación do CCE tamén presentou outro escrito asinado pola Confraría de Pescadores de Ferrol, para denunciar os danos que na actividade marisqueira está provocando Reganosa, desde a súa entrada en funcionamento en maio pasado..

A viaxe foi organizada polo Grupo Europeo de Esquerda Unida, no programa de visitas ao parlamento europeo, con fondos deste, trasladando a Bruxelas a 25 persoas de distintos colectivos de Galiza, que se aloxaron no Hotel Best Western Premier. Por iso a Delegación do CCE tivo unha moi apretada axenda, xa que ademais do protocolo da visita tiveron que dedicar tempo adicional a entrevistas con eurodiputados, dos grupos de EU, socialista e Verdes.

En todo momento @s compoñentes da Delegación do CCE levaron postas as camisetas de cor vermella, co slogan - Planta de Gas Fora da Ría! En defensa da vida da Ría e dá legalidade -. Así mesmo en distintos puntos no seu percorrido por dentro do Parrlamento Europeo despregaron as bandeiras - pancarta de cor vermella tamén e co mesmo mensaxe

O día 28 as entrevistas foron con eurodiputados o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, entre eles español Willy Meyer membro da Comisión de Peticións, o italiano Roberto Musacchio e a portuguesa Ilda Figueredo. Ademais de entregarlles as copias das denuncias para a Comisión de Peticións e Comisión de Medio Ambiente, nesta entrevista estívose analizando como mellorar as xestións nas institucións europeas. O eurodiputado italiano Roberto Musacchio propuxo lograr unha coordinación informativa entre o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol coas plataformas cidadás das cidades italianas de Brindisi e Monfalcone que lograron cancelásense senllos proxecto de de Planta de Gas con procesos similar en irregularidades e de corruptela. No caso de Brindisi, o mais recente, foi o goberno central italiano o que ordenou cancelar a licenza dunha planta de gas similar á de Reganosa. No caso de Monfalcone, foi unha consulta popular neste pobo que maioritariamente resultou contraria á Planta de Gas, provocando que o Alcalde do Pobo dimitise, pois era un dos apoios da instalación gasista.

O xoves 29 de novembro a Delegación do CCE entrevistouse cos eurodiputados socialistas galegos Antolín Sánchez e Rosa Miguelez. Na entrevista estivo así mesmo a eureodipuada aragonesa Ines Ayala Sender, membro da Comision de Peticións. Tamén se entrevistaron co eureodiputado dos Verdes David Hammerstein.

Nas entrevistas cos eurodiputados entregáronselles copia da denuncia presentada ao Comité de Peticións e á Comisión de Medio Ambiente, Así mesmo facilitóuselles copia da denuncia presentada hai un mes ao Comisario Europeo da Competencia pola vulneración de normativa europea da competencia nun convenio subscrito no ano 2000 por D. Manuel Fraga, entón Presidente da Xunta de Galicia, cunha cláusula secreta para esconder investimentos e axudas públicas, actuando en prexuízo doutros operadores do sector enerxético.

Nesas entrevistas expúxoselles aos eurodiputados europeos, que unha comisión do Parlamento Europeo se desprace a Ferrol, para verificar -in situ- para a primeira ollada verificar que a Planta de Gas de Reganosa vulnera a directiva europea Seveso II, así mesmo para verificar que Reganosa é unha ameaza para a vida humana, para a riqueza marisqueira da Ría, para o patrimonio histórico e para o seu potencial turístico.

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_______________
Anexos:

TÍTULO VIII : DAS PETICIÓNS
Regulamento do Parlamento Europeo
-16ª edición - setembro 2007 -

Artígo 191 : Dereito de petición

Artígo 192 : Examen das peticións

Artígo 193 : Publicidade das peticións
___________________

Membros da Comisión de Peticións:
Relación de membros

Web da Comisión de Peticións:
Sitio web C.P.

_______________


De: Comite Cidadan
-comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de novembro de 2007 18:35
Asunto: Regreso da Delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

______________

quinta-feira, 29 de novembro de 2007

Información tirada do antigo Blogue de Willy Meyer Pleite

MEYER CANALIZA AS PETICIÓNS SOBRE REGANOSA ANTE O PARLAMENTO EUROPEO


Unha delegación de Esquerda Unida, xunto con representantes de diferentes asociacións de cidadáns afectados, visitou onte o Parlamento Europeo, invitados por eurodiputado e Coordinador executivo de Esquerda Unida, Willy Meyer. En total, máis de 30 persoas de Galicia, acudiron a Bruxelas co obxectivo de facer entrega dunha petición á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo sobre o grave risco que para a vida humana e para a riqueza pesqueira da ría de Ferrol supón a actual localización de REGANOSA.

Willy Meyer, como membro desta Comisión, recolleu as peticións presentadas por Esquerda Unida, polo Comité Cidadán de Emerxencia e pola Confraría de Pescadores e comprometeuse a cursar a súa tramitación.

As tres peticións recollen o claro incumprimento desa instalación de múltiples directivas comunitarias en materia de seguridade e medioambiente. Os peticionarios recordaron na rolda de prensa que a regasificadora, que recentemente obtivo o acta de funcionamento, supón un grave risco para a vida humana na zona, para a riqueza pesqueira da ría e os postos de traballo que dependen dela, xa que a planta regasificadora está incrustada no corazón da ría de Ferrol. Neste sentido, Willy Meyer dixo que a normativa europea esixe unha distancia de máis de 2.000 metros entre as plantas de gas e os núcleos de poboación, e que neste caso no radio de 2 quilómetros viven unhas 7.000 persoas, e que ven directamente afectados pola planta uns 100.000 cidadáns.

Os peticionarios destacaron, na rolda de prensa, que as dimensións da ría non permiten aos gaseros saír á mar con rapidez e polos seus propios medios, e que xa que logo existe xa que logo unha altísima probabilidade de que, en caso de urxencia, o barco quede encerrado na ría. Ademais, en caso de accidente os seus efectos veríase multiplicados porque a planta de gas REGANOSA está construída encostada a un complexo petroquímico (Forestal do Atlántico S.A). Por outra banda, a planta está dentro da zona de seguridade para a Defensa Nacional, fronte ao Arsenal de Ferrol.

Willy Meyer remarcou que o proxecto foi aprobado sen que se realizou ningunha Avaliación de Impacto Ambiental (incumprindo a Directiva 97/11/CE), a pesar da súa magnitude e o risco que pode implicar e a pesar de que os fondos mariños afectados están clasificados como Lugar de Importancia Comunitaria e pertencen á Rede Natura 2000.

Ao final da rolda de prensa Willy Meyer mostrou o seu compromiso para buscar unha solución definitiva ao problema de REGANOSA que cumpra coa lexislación europea e garanta a calidade de vida dos veciños de Ferrolterra.

Fonte: http://willymeyer.blogspot.com/2007/11/meyer-canaliza-las-peticiones-sobre.html
_________________

sexta-feira, 12 de janeiro de 2007

O expediente sobre Reganosa na Comisión Europea seguirá aberto





En relación cun articulo que publicou onte “La Voz de Galicia”, no que de xeito informal e erróneo afírmase que a Comisión Europea arquivou o expediente aberto a raíz da queixa presentada por Asociacións do Comité Cidadán de Emerxencia, é preciso informar o seguinte:


a) Subscriben ese articulo dous xornalistas de Ferrol, os mesmos que adoitan copiar os textos que lles envía a oficina de prensa de Reganosa en Santiago de Compostela, nunha campaña indecente neste caso para presionar ao goberno español para que autorice a Reganosa a entrada en funcionamento, permiso que ten obligatoriamente que solicitar unha vez considere terminadas as obras.


b) A Comisión Europea ten por norma comunicar a súa decisión primeiro aos que presentaron as queixas, e non existe resposta algunha de que sexa arquivado o expediente 2001/5221 aberto contra o estado español a raíz da queixa presentada por asociacións do Comité Cidadán o 5 de novembro de 2001, entre elas a Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meha e outras 11 asociacións máis, en relación co proxecto de Planta de Gas que Reganosa está construíndo vulnerando as directivas europeas 85/337/CEE de avaliación de impacto ambiental e a 96/82/CE (Seveso II) de prevención de riscos de accidentes graves por sustancias perigosas.

Nos anos 2002, 2004 e 2005 ampliouse información a esa queixa numero 2001/5221, recibindo da Comisión Europea respostas informando que o expediente continua aberto á espera de que o goberno español poña en marcha medidas para o cumprimento de dita normativa comunitaria e que explique á Comisión Europea entre outros aspectos como autorizou a construción da planta de Gas de Reganosa cun dragado da canle de entrada á Ría sen que previamente fíxose a obligatoria avaliación de impacto ambiental dese dragado.

c) Dada a tardanza na decisión da Comisión Europea, o Comité Cidadán xa ten preparada a documentación necesaria para enviala á Comisión Europea e ao Defensor do Pobo Europeo, con fotos e videos nos que a primeira ollada se poida apreciar que é imposible cumprimentar o articulo 12 da Directiva Seveso II segundo o cal as instalacións perigosas hai que situalas a distancia suficiente da poboación e lugares de interese publico ou natural.

d) En relación con Reganosa ou coa empresa chamada Forestal do Atlántico S.A., hai máis queixas presentadas á Comisión Europea, algunhas con anterioridad á constitución do Comité Cidadán de Emerxencia en xullo de 2001 e outras posteriormente.

e) No Comité Cidadán de Emerxencia temos coñecemento de que foron arquivadas pola Comisión Europea algunhas desoutras queixas con números de expediente distintos ao do Comité Cidadán, nos últimos dous anos, entre eles unha queixa de ADEGA.

f) O pasado 29 de decembro a Plataforma de Veciños ou Cruceiro de Meha recibiu un escrito da Comisión Europea, con data 15 de decembro de saída, citando as queixas números 2001/4520 e 2001/4521 que presentaran en mayo de 2001, dous meses antes de constituírse o Comité Cidadán. En devandito escrito comunícaselle que “a Comisión decidiu na súa reunión de 12 de decembro arquivar este expediente ao non constar a violación de tales esixencias”, referíndose á normativa comunitaria de medioambiente que cita noutro párrafo este escrito. Enténdese que polo tanto a Comisión arquiva estas queixas porque nas mesmas non consta suficientemente acreditada a violación da normativa de medioambiente. Pero así mesmo no párrafo final devandito escrito di: “Iso no entanto, no caso de que fosen postos no noso coñecemento novos feitos susceptibles de constituír infracción do Dereito Comunitario, abriríase un novo expediente de queixa que seria tramitado conforme ao procedemento establecido pola Comisión ao efecto”.

Por esta resposta e as que se recibiron noutras queixas, queda abofé que o arquivo dunha queixa na Comisión Europea non exclúe que ao día seguinte se poida presentar outra no mesmo asunto para abrir un novo expediente, aportando novas probas de vulneración da normativa Comunitaria. Diso mesmo dedúcese que o arquivo destas queixas non quere dicir que a Comisión considere que Reganosa cumpre a normativa comunitaria, o que di é que a queixa non o demostrou.

g) Unha proba de que a Comisión Europea non lle dá o visto bo a Reganosa, polo que a Xunta debe reformularse este asunto para que non se produzan grandes prexuízos na economía galega, é a noticia que tamén na mesma pagina de La Voz de Galicia de hoxe subscribe un corresponsal desde Bruxelas e que cuestiona a outra noticia fechada en Ferrol. Dedúcese que tivo censuras pois revela para os entendidos que a Comisión Europea decidiu non considerar proxecto prioritario a plataforma gasista en Galicia con Reganosa para producir electricidade que se está construíndo. O que non di ese articulo é que a Comisión Europea establece proxectos prioritarios aplicando a Decisión nº 1229/2003/CE do Parlamento Europeo, segundo a cal teñen que ser compatibles co desenvolvemento sostenible e os gobernos teñen que asegurar que cumpren a normativa europea de medioambiente.

Fonte: http://comitecidadan.bitacoras.com/archivos/2007/01/12/o-expediente-sobre-reganosa-na-comision-europea-seguira-aberto
____________________

sábado, 10 de junho de 2006

Entrevista con George Stavros Kremlin - Xefe da Unidade Política de cohesión e avaliación de impacto ambiental da Unión Europea - 9 de xuño 2006

Unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, desprazouse esta mañá ata a cidade da Coruña onde lle entregaron un dossier a George Stavros Kremlin, Xefe da Unidade Política de cohesión e avaliación de impacto ambiental da Unión Europea, quen participa na reunión plenaria conxunta da Rede Española e a Rede Europea de Autoridades Ambientais, que ten lugar estes días na Coruña. Solicitáronlle que requiera á Comisión Europea para que adopte unha decisión no expediente contra o estado español pola Planta de Gas de Reganosa.



No escrito que encabeza o dossier entregado en man esta mañá a George Stavros Kremlin, ao final da reunión que hoxe tiña lugar no Hotel Barceló-Coruña, o Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol invítalle a vir visitar Ría de Ferrol e que contraste a realidade dos feitos. Así mesmo, solicítalle que requiera aos Servizos Técnicos da Comisión Europea para que esta adopte unha decisión no Expediente de Queixa 5221/2001, no sentido de que o Goberno Español paralice as obras de Reganosa e non autorice a súa entrada en funcionamento.

No dossier entregado, inclúeselle unha copia do e-mail recibido da Comisión Europea en marzo pasado, informando que continúa aberto o expediente 5221/2001 contra o estado español por vulneración das directivas 85/337/CEE e 96/82/CE, no proxecto de Planta de Gas de Reganosa e no Complexo
Petroquímico adosado chamado “Forestal do Atlántico S.A.”. Infórmaselle que Reganosa ten unha autorización irregular de construción de 13-2-2004 cuns condicionados de imposible cumplimentación satisfactoria coa caprichosa ubicación elixida polos promotores, segundo a documentación do dossier
que inclúe tamén copia do escrito de 25 de abril pasado enviado ao organismo do Ministerio de Industria, quen ten competencias para a autorización de funcionamento que Reganosa ten obrigación de solicitar no caso de que chegase a terminar as obras.

Na entrevista con George Stavros houbo tempo para mostrarlle as paginas do dossier con fotos da poboación próxima aos tanques que constrúe Reganosa, o que demostra que vulnera o articulo 12 da Directiva Seveso II que requiere distancias suficientes á poboación e lugares de interese publico. Así mesmo mostróuselle o boletín nº 12 do Comité Cidadán con imaxes e un resumo dos riscos para a vida human e para a riqueza marisquera que seria aniquilada polos vertidos con hipoclorito no caso de que Reganosa chegase a entrar en funcionamento, ademais das perdidas no sector turístico e a destrución de
patrimonio histórico, entre outros impactos negativos.

George Stavros respondeu que o vindeiro luns entregaría o dossier a Xullo García Burgués, Xefe do Servizo Técnico de Medioambiente na Comisión Europea, quen fai uns dous anos substitueulle nesa responsabilidade que antes George Stavros exercera e na que nos recordou o ultimo escrito que asinara foi o dirixido a nós en marzo de 2004, antes de que os Servizos Técnicos de Medioambiente da Comisión Europea decidisen seguir co expediente aberto, a raíz das respostas con documentación e probas que posteriormente enviámoslle demostrando a vulneración das directivas europeas citadas.

Finalmente George Stavros deunos as grazas por esta visita que lle realizou unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol.

Fonte: http://comitecidadan.bitacoras.com
______________________