Accións contra Reganosa nas Institucións Europeas

Blogue de traballo do Colectivo Ártabra 21 para a loita contra o despropósito gasístico de Reganosa

sábado, 19 de dezembro de 2009

Por qué mentiron os medios de comunicación dun xeito tan xeneralizado ?

Informe para o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Os pasados 2 e 3 de Decembro os medios de comunicación [TV, Radio e Prensa Escrita] en forma de titular e noticia de fundo, daban titulares como este:

"El Parlamento Europeo cierra el expediente sobre Reganosa ... La comisión de peticiones del PE se encargó de tomar la decisión..." [El Correo Gallego - 03.12.2009 P. HERMIDA]

Estaban-se referindo á Petición 1322/2007, presentada por Yolanda Díaz Pérez, en nome Esquerda Unida de Galicia, Jesús Ignacio Caselas Pérez, en nome da Federación Roi Xordo de AAVV da zona urbana de Ferrol, e Bernardo Bastida Sixto, en nome da Confraría de Pescadores de Ferrol sobre a apertura da planta de regasificación que Reganosa instalou en Punta Promontorio no concello de Mugardos.

A petición foi presentada en Novembro de 2007 no rexistro de peticións do Parlamento Europeo, lugar onde se desprazou unha representación do Comité Cidadán, convidados polo grupo parlamentario de Esquerda Unida.

A Petición 1322/2007 foi admitida a trámite o 7 de maio de 2009. Respaldando-se no disposto no artigo 202, apartado 6, do Regulamento do Parlamento Europeo, a Comisión de Peticións solicitou á Comisión Europea que facilitase información ao repeito do asunto.

A Comisión de Peticións recibe o Informe da Comisión Europea que con data 25.9.2009 reenvia aos membros da Comisión de Peticións. Este documento baixo o Titulo: "Comunicación aos Membros", foi enviada a todos os membros do Pleno da Comisión de Peticións, así como  se fixo público na propia web do Parlamento Europeo.

Este é o Documento que utilizan os medios para elaborar a súa noticia de suposto peche do expediente sobre Reganosa na Comisión de Peticións.

Este Documemto que recolle na súa integridade o Informe da Comisión Europea, era un Documento que se tiña que tratar na Reunión Ordinaria do Plenario da Comisión de Peticións, do 1 e 2 de Decembro de 2009, onde se ía tratar a xa citada Petición 1322/2007, no ponto 32 de 91 puntos anexados máis que figuraban na orde do día.

Documento da Reunión:
http://www.europarl.europa.eu/meetdocs/2009_2014/organes/peti/peti_20091201_1500.htm

Os medios deron por suposto que na citada reunión plenaria da Comisión de Peticións o ponto 32 [Petición 1322/2007] ía ser tratado, pechado o expediente  e acordado o seu arquivo.

Chegaron-se e dicer cousas como esta por parte de P. Hermida en "El Correo Gallego" do 03.12.2009:

"Pero los eurodiputados no necesitaron ni un debate para archivar el expediente. La resolución atiende a las recomendaciones del Ejecutivo comunitario, partidario de 'no proseguir con el asunto ya que no tiene sentido ni hay irregularidades'."

O Comité Cidadán de Emerxencia e Esquerda Unida, desmentiron o arquivo do expediente, máis non houbo nengún só medio que retificara, só publicaron algúns deles as notas das citadas entidades con anotacións ao marxe.

Hoxe, 18 de Decembro de 2009, a Comisión de Peticións publica a Acta da Reunióm Plenaria celebrada os pasados 1 e 2 de Decembro de 2009 [En inglés], onde na súa páxina sete, no último parágrafo di textualmente:
  • Petitions 0669/06, 0878/2007, 1322/2007, 1831/2008, 0192/2009, 0302/2009 and 0439/2009 would be discussed in an upcoming meeting.

  • [Peticións 0669/06, 0878/2007, 1322/2007, 1831/2008, 0192/2009, 0302/2009 e 0439/2009 será discutido nunha próxima reunión.]
E na súa páxina oito, no primeiro parágrafo di textualmente:
  • 92. Date and Place of next meeting
    Wednesday, 27 January 2010, 15.00-18.30
    Thursday, 28 January 2010, 09.00-12.30

  • [92. Data e lugar da seguinte reunión
    Mércores 27 de Xaneiro 27 de 2010, De 15:00 a18:30 horas
    Xoves 28 xaneiro de 2010, De 09:00 a 12.30 horas
    ]
Esta é a seguinte reunión plenaria onde se vai tratar o asunto.

É dicer a nosa Petición 1322/2007 vai-se tratar na Reunión Plenaria da Comisión de Peticións dos vindeiros 27 e 28 de Xaneiro de 2010.

Enlace onde se pode abrir e baixar a citada Acta

Como funciona a Comisión de Peticións [Moi interesante Video explicativo de pouco máis de tres minutos].


Documentos referenciados:

Algunhas mostras da noticia nos medios :

Conclusión
:

Os medios de comunicación, mentiron á hora de dar a noticia, intencionadamente ou non, o caso é que mentiron, nuns casos daban a fonte da información en noticias de axencia [EFE], noutros falaban de "fontes parlamentarias" e noutros como correspondentes ou mesmo redactores sen mencionar fontes.

Manipulación, falta de rigor ou erro ... nalgúns casos que coñecemos a súa traxectoria "desinformativa" e manipuladora en todo o referente a Reganosa, non temos a menor dúbida. Mais noutros casos pode que sexa un erro ao non investigar as fontes.

Mais en todos os casos, estes medios deberían dar unha explicación formal do seu "erro", e retificar publicamente.

E as organizacións e persoas que aproveitaron esta manipulación para minar a credibilidade do Comité, na súa "cruzada" para o seu derrocamento, deberían retificar publicamente.

________________

Um comentário: