Accións contra Reganosa nas Institucións Europeas

Blogue de traballo do Colectivo Ártabra 21 para a loita contra o despropósito gasístico de Reganosa

quinta-feira, 25 de fevereiro de 2010

O Comité de Peticións do Parlamento Europeo manten aberto o expediente de denuncia do Comité Cidadán e aceptou a ampliación da mesma

A comisión de Peticións do Parlamento Europeo decidiu hoxe continuar estudando as denuncias cidadás contra a planta regasificadora de Reganosa




A denuncia de Reganosa no Parlamento Europeo

Hoxe, 23 de febreiro de 2010, a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo aceptou a ampliación das denuncias que contra a Planta Regasificadora de Reganosa en Mugardos foron presentadas por Esquerda Unida e polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

De tal xeito, saíndo ao paso das informacións de arquivo da mesma, difundidas por algún medio de comunicación, queda claro que a denuncia segue vixente, incrementada agora con novos datos que demostran o perigo desas instalacións no interior da Ría e as falsidades cometidas polos seus promotores en aras a xustificar a súa instalación e a súa solicitude de ampliación.

Datos concernentes ao perigoso tránsito dos gaseiros, dos cales un 20% teñen que pospor a súa entrada pola meteoroloxía e as peculiares condicións naturais da nosa Ría.

Datos sobre o innecesario desta instalación que por falta de demanda está funcionando a un terzo da súa capacidade a pesar de deixar fóra de servizo o gaseoducto de Tui.

Carencia dun plan real de emerxencia, tanto para as instalacións como para os buques ante unha situación constante de intranquilidade e de perigo para a poboación, pola súa localización, pola súa situación frecuente de baixas existencias (sinalado varias veces polo Sistema Gasístico) e pola imposibilidade a que os gaseros pódense enfrontar para entrar na ría ou saír dela en caso de urxencia.

A todo isto engádese o dano ecolóxico producido á ría cos sistemas empregados para a regasificación e a perda de postos de traballo que iso a medio prazo leva.

Este CCE demanda -unha vez máis- a paralización da Planta, a máis deficitaria de todo o Estado, polo seu perigo evidente e polo custo económico innecesario para toda a cidadanía que se está mantendo, exclusivamente para beneficio dos seus promotores, coa complicidade das autoridades estatais, autonómicas e locais.

Ferrol, 23 de febreiro de 2010

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
23 de fevereiro de 2010 23:27
___________________
Fonte: http://artabra21.blogspot.com/2010/02/denuncia-de-reganosa-no-parlamento.html
____________________

Nenhum comentário:

Postar um comentário