Accións contra Reganosa nas Institucións Europeas

Blogue de traballo do Colectivo Ártabra 21 para a loita contra o despropósito gasístico de Reganosa

quarta-feira, 24 de fevereiro de 2010

Willy Meyer denuncia no Parlamento Europeo a ilegalidade de Reganosa



O eurodiputado de Esquerda Unida interveu ante a Comisión de Peticións para denunciar a ilegalidade da planta de regasificación de Reganosa, situada na Ría do Ferrol (A Coruña).

Willy Meyer defendeu a petición presentada por Esquerda Unida de Galicia, a Confraría de Pescadores de Ferrol, o Comité Cidadán de Emerxencia e a Federación Veciñal Roi Xordo, sobre a planta de Reganosa. Recordou que a planta atópase no interior da Ría, "polo que os barcos metaneros teñen que desprazarse ata a planta, a pesar da angostura da Ría, o que representa un grave risco para as persoas e o medioambiente".

O Vicepresidente da Comisión de Peticións, referiuse á vulneración da Directiva 96/82/CE, relativa ao control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas e da Directiva 85/337/CEE, sobre a avaliación da repercusión de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente. "A planta verte auga salgada esterilizada, que elimina a vida acuática microscópica, prexudicando á produción marisqueira".

Meyer sinalou as irregularidades cometidas na concesión de licenzas á planta, posto que "os terreos onde se sitúa a planta non posúen autorización para actividade de regasificación, como dita a sentenza TSXG 311/2008 Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Ademais, a tramitación ambiental foi declarada ilegal por dúas sentenzas, carece de Estudo de Impacto Ambiental, a diferenza das plantas regasificadoras de Sagunto e de Bilbao e de permiso de captación de auga salgada".

Na súa intervención tamén destacou que o Plan de Emerxencias "foi redactado en base á norma CPR 18E de carácter xeral, para industrias químicas, e non en base á norma NFPA 59, sobre produción, almacenamento e manipulación de Gas Natural Licuado".

"A planta de Reganosa pon en perigo a vida e a seguridade da poboación. A distancia de intervención non cumpre os criterios que establece esta norma. Atópase a tan só 90 metros de zonas residenciais. A normativa europea establece unha distancia de máis de 2000 metros entre planta de gas e núcleos habitados. Nun radio de 2 km viven 7000 persoas, na contorna da ría uns 100 000 habitantes".

"Ante o grave risco de accidente que supón a planta de Reganosa e os seus efectos prexudiciais sobre a pesca e o marisqueo, a Unión Europea debe facer prevalecer o principio de precaución". Meyer defendeu que a queixa debe manterse aberta posto que os peticionarios achegaron nova documentación que argumenta todas estas irregularidades e ilegalidades. Pola súa banda, a Comisión Europea coincidiu na necesidade de seguir estudando o caso tras a nova documentación achegada".

Por secretaria
Miércoles, 24 de Feb de 2010

Fonte: http://izquierda-unida.es/node/6988
_______________________

Nenhum comentário:

Postar um comentário